NOIA> Cifras históricas as que está a deixar a campaña marisqueira de Noia. As altas cotizacións alcanzadas durante o Nadal, con berberecho de cuarta superando os sete euros e ameixa xapónica entre os dez e os vinte e catro fixeron que a facturación se incrementara ata os quince millóns e medio.
Na actualidade, os bancos están pechados para afrontar a caída da demanda e dos prezos tralo Nadal. Os mariscadores non retomarán a actividade ata o catro de febreiro.
Tralos bos resultados da presente campaña, as previsións son tamén ben optimistas para o vindeiro exercicio posto que xa reservaron un banco na zona da Misela e destaca a abundancia de cría.