![]()
PONTEVEDRA > Pontevedra rompe barreiras. Así o recoñece o galardón con que o CERMI, o Cómite Español de Representantes…
…de Persoas con Discapacidade, -que está presidido pola reina Sofía- premiou ó Concello de Pontevedra pola súa labor en materias de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas.
Para o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, este premio que lle entregará o CERMI o vindeiro 3 de decembro e unha satisfacción e un síntoma de que dende o concello está a facer as cousas ben nesta materia.O rexedor asegura que se a cidade é un exemplo e fixo balance do acadado ata o de agora sobre todo en edificios públicos pero tamén sinalou que aínda queda moito camiño por percorrer. O alcalde pontevedrés tamén suliñou a importancia dun premio que lle dará máis facilidades ó Concello para encarar futuros proxectos neste tipo de materias.
Redacción Salnés








