Gotas e Avante Pontevedra, protagonistas do terceiro Simposio Internacional LGTBI de Cambados

CAMBADOS> Dous colectivos da nosa contorna, GOTAS e Avante LGTBI, formarán parte do do terceiro Simposio Internacional LGTBI, que se vai celebrar en Cambados. Ademais, nesta ocasión, o Congreso vai poñer o foco na diversidade sexual en África. De xeito paralelo, a localidade vai acoller unha escola de Emprendemento Feminino, para o impulso de negocios liderados por mulleres.

Colectivos da nosa contorna, doutros puntos de España e de África daranse cita no III Simposio Internacional LGTBI. Vaise celebrar o vindeiro 28 de outubro. Nos diferentes relatorios farase unha radiografía da realidade da diversidade sexual en primeira persoa.

Na parte internacional, o colectivo África LGTBI explicará como é a dura realidade do colectivo naquel continente. Dende o eido local, dous colectivos: GOTAS e Avante LGTBI Pontevedra.

Como novidade este ano, o Simposio entregará tres premios a tres dos colectivos participantes: a Kif-Kif, á Unidade de Xestión da Diversidade e ao Observatorio Español contra delitos de Odio. Ademais, de xeito paralelo a vila acollerá unha Escola de Emprendemento Feminino.

A alcaldesa  aproveitou para avanzar que o Concello está realizando as xestións para adherirse ao Pacto Nacional contra a Violencia de Xénero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí