![]()
VILAGARCÍA> A proposta do goberno vilagarcián de outorgar 4 dedicacións exclusivas e 2 parciais a seis membros da corporación municipal foi finalmente a proposta aprobada esta tarde no pleno. O Partido Popular foi o único que se opuxo e non se produciu ningunha abstención.
O portavoz do goberno municipal, Marcelino Abuín, deixou clara a proposta da corporación: ‘ mantemos os principios da proposta anterior de que fan falla dedicacións para compensar as horas de xornada de traballo (…) pero reducimos as dedicacións exclusivas e convertemos dúas en parciais’. Con isto finalmente serán catro os concelleiros vilagarciáns con dedicación exclusiva e dous mais con dedicación parcial. Esta foi a proposta do goberno local que foi aprobada por maioría pese a non coincidir totalmente co demandado polos demais partidos.
Dende Esquerda Unida o seu portavoz, Juan Fajardo, afirmou que ‘ a proposta non é exactamente o que nós plantexabamos pero puidemos chegar a un acordo’. Os de Esquerda amosáronse de acordo coa liberación pero non co reparto das dedicacións. Pola súa parte IVIL votou a favor da proposta municipal pola reducción das dedicacións de oito a seis.
Foi o Partido Popular o que puxo a nota discordante no pleno de esta tarde. Os populares amosáronse en todo momento en contra da proposta, incluso propuxeron un novo reparto das dedicacións: tres exclusivas para a corporación municipal, unha exclusiva para o propio PP e tres parciais para o goberno local. Ante esta proposta de reparto Esquerda Unida acusou os populares de só preocuparse por cobrar e de que ‘para gobernar na oposición non fai falla liberarse’.
Finalmente e despois do intercambio de opinións entres os diferentes partidos a proposta do goberno municipal foi aprobada cos votos a favor de Esquerda Unida e IVIL e co voto en contra do Partido Popular.
Redacción Salnés








