Os veciños de Ribadumia interésanse polo plan de compostaxe da Deputación de Pontevedra

RIBADUMIA> A Deputación de Pontevedra continúa percorrendo a provincia para fomenta-la compostaxe. Hoxe, o posto informativo do Plan Revitaliza fixo parada en Ribadumia. Ata el achegáronse moitos veciños, interesados en sumarse á xestión responsable dos seus residuos orgánicos. Nós tamén estivemos alí, a ver que pasos hai que seguir para instalar un composteiro individual na nosa casa.

Reciclar está nas mans de todos e compostar tamén. O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra dota a quen o solicite dun composteiro individual para instalar na casa. Deste xeito, toda a materia orgánica que xeramos, que ten moito valor, goza dunha segunda vida. Para facerse cun composteiro, só hai que solicitalo.

Para resolver dúbidas sobre o proceso de compostaxe, a Deputación de Pontevedra ten en marcha un posto informativo itinerante. Hoxe fixo parada en Ribadumia.

Quique explícanos que a meirande parte das persoas que se achegan ata este posto teñen claro o proceso de compostaxe.

Ademais dos composteiros individuais, os concellos adheridos ó Revitaliza dispoñen de composteiros comunitarios, como este instalado ó pé da casa do concello de Ribadumia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí