Sete mulleres leen o manifesto de Vilagarcía para mostrar a violencia de xénero en todos os ámbitos

VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía deu protagonismos na lectura do seu manifesto a sete mulleres do ámbito social e económico da vila. Ademais do escrito do consello local da muller, cada unha delas mandou unha mensaxe de como a violencia de xénero afecta a cada un dos seus ámbitos.

O manifesto de Vilagarcía, redactado polo consello local da muller, centrou a súa mensaxe en como a violencia de xénero afecta as mulleres en todos os ámbitos, tanto sociais, económicos como culturais. Ademais de Rosa Losada, tamén participaron Loli Maquieira do servizo de atención ás vítimas, Mónica Monteagudo do sector educativo, Sofía Güimil do colectivo de mulleres con discapacidade, Ana Romero do sector sanitario, Natalia Anguistia do sector servizos e Miriam Señoráns do sector deportivo.

Dende o Cim de Vilagarcía destacan a importancia de realizar estes actos para continuar loitando contra unha violencia que non cesa. A situación é especialmente preocupante entre a xente máis moza, onde os casos de violencia de xénero van en aumento.

Como dato para a esperanza, dende o Cim sinalan que cada vez máis mulleres denuncian a violencia machista e cada vez máis homes desmárcanse e sinalan aos maltratadores.