O BNG esixe un novo plan para mellora-la circulación no casco urbano da Pobra

    traficopobra_100_021007.jpgPOBRA > O BNG critica as medidas adoptadas polo executivo local para mellora-la circulación pola vila, a consecuencia do peche ó tráfico da Vía Rápida.

    A voceira do grupo municipal do BNG da Pobra do Caramiñal, Rosana Pérez, criticou a situación que se está a vivir na localidade a consecuencia do peche da vía rápida do Barbanza.

    Segundo ela, o plan de tráfico presentado polo executivo local apenas lles está a dar solucións ós miles de condutores que diariamente ciculan polo casco urbano da vila. Neste sentido aludiu a que o alcalde ten nas súas mans un informe realizado pola Policía Local onde se lle indican as accións a realizar para mellora-la circulación.

    Entre outros problemas, os nacionalistas denuncian o estado no que se atopan os pasos de peóns existentes no casco urbano, totalmente despintados. No cruce da rúa da Paz coa Díaz de Rábago, propoñen a construción dunha rotonda, ó ser un dos puntos máis conflitivos para a circulación.

    Ademais botan en falta tamén unha boa sinalización e mesmo un desvío para condutores que se dirixen a outras zonas do concello.

    Redacción Barbanza