Manuel Ruíz asume a presidencia de Arousa Norte durante o 2012

arousanorte.jpgBARBANZA> O relevo dos cargos directivos producíase esta mañá no transcurso da primeira sesión plenaria do ano da entidade.

{flowplayer}barbanza/arousanorte.flv{/flowplayer}

O pleno da mancomunidade celebrado esta mañá serviu para proceder ó traspaso de poderes na xunta directiva da entidade. O rexedor boirés, Xoán Xosé Dieste, cedeulle a presidencia ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, que ocupará este cargo ó longo do 2012. 

Presenza en FITUR

 Un dos acordos tomados nesta primeira xuntanza foi refrendar a presenza da entidade en FITUR a vindeira semana, do 19 ó 22 de xaneiro, onde presentarán o seu proxecto de turismo accesible.

Xeodestino Rías Baixas

Ademais Arousa Norte terá unha importante participación nesta feira dentro do satand de Turgalicia. Alí tamén manterán un encontro con responsables da Mancomunidade do salnés para tratar de levar adiante, co apoio da Secretaría Xeral de Turismo, de accións comúns de dinamización turística co xeodestino Rías Baixas.

Redacción Barbanza