O PP valora o primeiro ano de Feijoo na Xunta

    pp_salnes100.jpgVILAGARCÍA> Os parlamentarios do PP fixeron balance do primeiro ano de goberno do PPdeG na Xunta, no que respecta á comarca do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/pp_salnes.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Grupo Parlamentario Popular de Galicia fixo balance do primeiro ano de goberno do PPdeG na Xunta de Galicia, no que respecta á comarca do Salnés.

    Os Vice portavoces populares Marta Rodríguez e Pedro Puy, xunto coa deputada autonómica Rosa Oubiña e o presidente local Tomás Fole, ofreceron datos sobre o positivo balance deste primeiro ano de mandato de Núñez Feijoo na Xunta.

    Dado o endebedamento que tiña o goberno galego en abril de 2009, di Fole que os datos, falan por si solos. E falando en cifras, os populares aseguran que faltaban ata 5,2 millóns de euros para pagar os comedores escolares, do que tiña previsto o bipartito.

    No estado actual das contas, o PP asegura que é imposible o endebedamento, dados os anticipos das liquidacións bianuais do Estado para a Xunta de Galicia. Para os populares mellorou tamén a eficacia do Instituto galego de Promoción Económica, e aseguran que este ano investiu o dobre que o bipartito en 2008.

    En definitiva, segundo os portavoces do grupo parlamentario do PP, Núñez Feijoo puxo en marcha un goberno que apostou pola austeridade, facendo máis con menos.

    Redacción Salnés