A ampliación do Hospital do Salnés podería comezar a mediados de 2008

    VILAGARCIA > Como lles contabamos, a conselleira foi a encargada de inaugurar a primeira xornada de mellora de saúde perinatal…

    …que se está a desenvolver en Vilagarcía de Arousa. Unha ocasión que María Xosé Rubio Vidal aproveitou para instar o persoal do Hospital do Salnés a difundir o seu proxecto de humanización do parto.

    A conselleira de Sanidade, agradeceu os profesionais do Hospital do Salnés a súa implicación neste proxecto que intenta devolverlle á muller o seu protagonismo no parto. María Xosé Rubio Vidal asegurou que o seu obxectivo sería crear ó menos unha unidade deste tipo para cada provincia. Para isto, o Hospital do Salnés conta con instalacións como a bañeira de dilatación e camas especiais. A conselleira asegurou que a pesar da importancia de humanizar o parto, esta opción non está rifada cós avances médicos. Esta semana se está a celebrar a semana mundial da lactancia materna e a conselleira quixo recordar que o Hospital do Salnés e o primeiro e ata o momento o único hospital de Galicia que ten a distinción de “Amigo dos nenos”, un recoñecemento de UNICEF o traballo dos seus profesionais.

    Redacción Salnés