![]()
PONTEVEDRA > Dentro das iniciativas do proxecto Mercurio dirixidas a empresarios de Pontevedra , se presentaron hoxe dúas novidades…
…para uns perfís moi concretos. A primeira delas recibe o nome de e-prometeo e está dirixida as mulleres a outra chámase ábaco e vai encamiñada ós emigrantes retornados do sector comercial da cidade.
O obxectivo do Proxecto Mercurio pretende gracias a colaboración público privada modernizar o sector comercial da provincia de Pontevedra e facilitar ferramentas para mellorar a súa xestión. Para isto hoxe se presentaron no Centro de Turismo Rías Baixas de Pontevedra dúas aplicacións informáticas dirixidas ás mulleres e os emigrantes. E-prometeo e ábaco. A primeira dela axudará as emprendedoras a montar unha tenda electrónica mentres que a ábaco terá un caracter máis formativo.
Esta actividade se completará con seminarios destinados a que os interesados lle poidan sacar a estes productos o máximo proveito. Estes cursos terán lugar en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. O proxecto Mercurio está cofinanciado polo FSE e pola Deputación de Pontevedra, as Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo, Villagarcía e Tuy xunto con Caixanova entre outras institucións. Esta iniciativa comezou en 2005 e rematará a finais de ano.
Redacción Salnés









