BOIRO> A subdelegada do goberno na Coruña desprazouse ata Boiro para analizar as necesidades de conectividade no municipio. Na xuntanza co alcalde e representantes de Rede Aberta avanzaron na dotación de fibra óptica a aqueles núcleos que permanecen aínda sen cobertura.
O obxectivo da xuntanza de traballo celebrada esta mañá no concello de Boiro coa asistencia do alcalde, a subdelegada do goberno na Coruña e representantes de Rede Aberta era avanzar na conectividade de tódolos núcleos de poboación que conforman o termo municipal. Con este obxectivo, o goberno central ten en marcha varios programas enmarcados no Plan Único de Banda Ancha que desenvolve en colaboración cos concellos.
Ademais de detectar aquelas zonas que permanecen en sombra, estes programas permiten mellorar a súa cobertura a través dos servizos de Rede Aberta que ofrecen solucións ás operadoras interesadas en achegar as telecomunicacións ó rural, mesmo a través de conexión vía satélite.
Co avance nestes plans , o concello busca tamén contribuír á fixación de poboación no rural de xeito que poidan contar cos mesmos servizos que nos núcleos urbanos.











