Colas de dúas horas e Pcrs no exterior, a Cig denuncia as deficiencias da atención primaria de Vilagarcía

VILAGARCIA>  Colas de máis de dúas horas e PCRs ao aire libre. A Cig mobilízase diante do ambulatorio de Vilagarcía para denunciar a situación da atención primaria. Piden ao Sergas que contrate máis profesionais e se garanta unha atención digna.

Así están nos últimos días as colas para a entrar ao ambulatorio de Vilagarcía. Segundo contaban os pacientes, algúns chegaron a agardar máis de dúas horas para poder ser atendidos. Ao ser unha situación que se repite constantemente, a Cig decidiu mobilizarse diante do centro para denunciar as deficiencias da atención primaria.

A contratación destes profesionais incluíndo tamén dentistas ou farmacéuticos axudarían a aliviar as colas de agarda. Dende a Cig non entenden en que está investindo os cartos a consellería de sanidade. E tamén denuncian que a saturación estase cubrindo aumentando os horarios do persoal sanitario.

Esta situación impide que se poida dar unha atención de garantías aos pacientes. Por iso dende a Cig piden á consellería que contrate máis persoal.

A saturación na que se atopa o ambulatorio leva aos profesionais a ter que realizar PCRs no exterior do centro. Os pacientes mostraron o seu malestar e o seu cansazo polas largas colas ao aire libre, moitos deles persoas dunha ideade considerable. Agardan que o Sergas escoite as peticións da Cig e se dote aos ambulatorio co persoal necesario para garantir unha sanidade digna.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí