Cáritas Arousa recibe centos de xoguetes grazas a unha campaña solidaria da Policía Nacional

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, os Reis Magos contan coa axuda do voluntariado de Cáritas. Estes días estiveron a organizar e preparar os centos de xoguetes que chegaron á entidade grazas a unha campaña da Policía Nacional. A resposta da xente foi masiva, desbordando as expectativas da Policía e Cáritas. E todo para que ningún neno quede sen o seu xoguete polo día de Reis

Miremos por onde miremos a solidariedade desborda estes días a sede de Cáritas Arousa, en Vilagarcía. Ata aquí chegaron centos de xoguetes procedentes dunha campaña de recollida impulsada pola Policía Nacional.

Porque ser solidarios está ben, pero non todo vale. Aquí encargáronse ao longo desta semana de peneirar entre os distintos produtos. Os novos, directamente para os Reis Magos, os usados en bo estado irán para outras campañas e os rotos ou incompletos, ao lixo.

Paula é unha das voluntarias que estivo estes días a organiza-la marea de solidariedade que chegou a Cáritas. A pesar de ser moi nova ela xa está concienciada da importancia de facerse voluntario xa dende mozos.

Unha vez as voluntarios remataron a clasificación dos xoguetes, Cáritas estase a encargar xa de repartilos entre as familias.

Desta campaña veranse beneficiadas unhas 30 familias, repartindo xoguetes entre medio cento de nenos e nenas. O resto, quedará aquí almacenado para seguir agasallando ilusión ao longo de todo este 2024.