Preséntase o cartel informativo da Festa do Marisco do Grove 2008

    cartel100_091007_001.jpgO GROVE > O alcalde do Grove presentou na carpa presidencial do recinto da festa do marisco o cartel que representará a esta celebración o vindeiro ano.

    …Na presentación atopábase o autor do deseño deste ano, Javier Domínguez que definiu a pancarta como de gran impacto visual. Un fondo negro con figuras policromadas que representan á cidade do Grove, coa figura do centolo como o eixo que simboliza a esencia da vila.

     A 45 edición da festa do marisco do Grove 2008 contará cun cartel orixinal e colorista que servirá de reclamo para promocionar aínda máis si cabe esta xuntanza marisqueira. Así o destacou o alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos, que non deparou en eloxios cara a obra.

    Na mostra tamén asistiu o autor do cartel que explicou que tratou de facer un deseño comos e fora un debuxo de nenos que resultá máis vistoso, exaltando os símbolos máis importantes do Grove como o marisco, o mar e as dornas.

    Cacabelos agradeceu e felicitou ó autor por plasmar o fiel reflexo do Grove sobre papel dun xeito tan impactante e elegante. A continuación o alcalde entregoulle ó pintor o cheque que o acredita como gañador concurso de deseños .

    Redacción Salnes.