Fexdega saneará as súas contas cos beneficios do padel

    VILAGARCÍA> Fexdega será utilizado unicamente para actividades deportivas, mentres que as feiras trasladaríanse ás rúas

    {flowplayer}images/salnes/Fexdega_101012.flv{/flowplayer} 

    A actividade feiral en Fexdega quedará de momento aparcada. Despois dunha xuntanza mantida con Zona Aberta e Feca, o alcalde Tomás Fole transmitíu ó Padroado o desexo de empresarios e comerciantes de reinventar o modelo feiral. Aínda que non hai nada pechado, todo apunta a que Fexdega será utilizado unicamente para actividades deportivas, mentres que as feiras trasladaríanse ás rúas.

    Fole aproveitou a comparecencia para culpar ós anteriores gobernos do deterioro sufrido por Fexdega nos últimos anos, do que agora lle acusan dende a oposición. Dixo que o recinto acumula unha débeda financieira de 270.000 euros; unha póliza que será reconvertida en crédito a longo prazo e que se irá pagando progresivamente cos cartos que xere a explotación do recinto de padel.

    En canto ó prego de condicións para a concesión das pistas de padel, foi aprobado por tódolos membros do Padroado agás por Tania García e Xabier Ríos, representantes de PSOE e BNG. O prego establece unha cantidade mínima de 2.000 euros mensuais, ademais do pago dos servizos de limpeza e suministro eléctrico e a instalación dun mínimo de cinco pistas. Fole cree que o contrato podería asinarse en apenas tres semanas.

     Redacción Salnés