O encontro da Xunta e OPMEGA foi máis que positivo

    reunionmexil100_101007_001.jpgVILAGARCÍA > O secretario provincial do PSdeG PSOE, Modesto Pose e deputado de pesca dos socialistas, José Manuel Lage mantiveron hoxe unha reunión

    …ca asociación OPMEGA, a organización de productos do mexillón para intercambiar propostas de cara á modificación do anteproxecto da lei de pesca.

    O encontro entre o goberno e a organización de producyos do mexillón resultou positiva segundo os seus protagonistas, unha declaración de boas intencións para a modificacións dun anteproxecto que segundo o presidente de OPMEGA necesita máis de unha rectificación.

     A mais importante, as concesións administrativas das bateas e a súa xestión. Para o goberno socialista esta reunión foi máis que positiva onde se recolleron propostas viables para elaborar unha lei de pesca satisfactoria para todos

    O voceiro socialista de pesca engadiu que o obxectivo e crear unha lei áxil , moderna que consiga eliminar as trabas a nivel lexislativo existentes na actualidade . Unha lei que por encima de toso se adapte as circuntancias de Galicia tendo en conta ós traballadores da pesca

    Redacción Salnés