Aparatoso accidente dun camión na Tomada

    accidentecamintomada1_1010.jpgPOBRA > Este mediodía producíase un accidente na estrada AC-302, que une Pobra do Caramiñal coa parroquia ribeiresa de Oleiros.

    No sinistro, que tiña lugar na zona do polígono da Tomada, veuse implicado un camión de reparto da empresa Refojo y González radicada no concello de Dodro. A pesar da aparatosidade do accidente non houbo que lamentar vítimas, resultando o condutor do vehículo ferido leve. Ata o lugar do accidente achegáronse axentes da Policía Local da Pobra e membros de Protección Civil, así como representantes da empresa que colaboraron nos labores de recuperación do vehículo sinistrado. Foi necesaria ademais a presenza dun guindastre de gran tamaño que se encargou de subi-lo vehículo do fondo do terraplén. A consecuencia da operación de rescate foi necesario o peche dun carril ó tráfico durante varias horas o que provocou pequenas retencións na zona. Polo de agora descoñécense as causas que provocaron o accidente pero todo fai pensar que se puido deber a un pequeno despiste do condutor.

    Redacción Barbanza