![]()
VILAGARCÍA > Os obradoiros non son só para os nenos. Neste, os protagonistas non foron rapaces se non maiores, e máis…
concretamente concelleiros de Vilagarcía. Eles e elas participaron nun curso destinado a ampliar os seus coñecementos sobre o deseño e a execución de políticas de igualdade nas distintas áreas municipais.
O Hotel Compostela albergou durante a xornada de hoxe esta cita que esta organizada pola concellería da Muller no marco do Plan de Igualdade que está a desenvolver o Concello.
Esta actividade se divide en catro módulos que van dende os concellos básicos ata as políticas de xénero. O obradoiro foi impartido por persoal de EOSA, unha empresa especializada en temas de igualdade e corresponsabilidade. En definitiva, unha cita que trata de sensibilizar, informar e asesorar ós nosos políticos.
Redacción Salnés







