Un espectacular incendio no centro de Vilagarcía non deixa víctimas mortais

    incendio_100_101007_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > O centro de Vilagarcía foi o escenario esta mañá dun incendio no edificio Dorna da rúa Juan Carlos I moi preto…

    …da Casa Consistorial. Dous áticos dun oitavo piso foron pasto das lapas por motivos que de momento se descoñecen. A alarma saltou pasadas ás dez da mañá e este lume deixou estas espectaculares imaxes. O lume deixou tres persoas ingresadas durante esta mañá no Hospital do Salnés.

    Os afectados son Víctor Manuel C.O., de 42 anos, que presenta queimaduras de primeiro grao nas costas e na cara. As outras dúas persoas afectadas son a súa filla de oito anos e outro varón J.G.S. de 28 anos que foron ingresados por inhalación de fume. As tres víctimas xa foron dadas de alta no transcurso da xornada. Protección civil, bombeiros, policía nacional e policía local acadaron controlala situación aproximadamente en dúas horas, aínda que as labores de desescombro continuaron ata ben entrada a tarde.

    Polo momento se descoñecen as causas que provocaron o lume. Nestes momentos a policía científica está a traballar no caso e posiblemente mañá xa se teña algún indicio. Dende o Concello recalcan que porán tódolos medios dispoñibles para os afectados e aseguran que se facilitará tanta xantar como aloxamento ós veciños desaloxados que así o precisen.

    Redacción Salnés