Unha moza de Carril denuncia ó seu pai por suposta agresión sexual

    AGRESIONVILAGARCIA.jpg VILAGARCÍA> Segundo a axencia EFE, o suceso tería acontecido na noite do domingo no domicilio familiar. O home quedou en liberdade provisional.

    Unha moza de Vilagarcía residente en Carril denunciou ó seu pai por presunta agresión sexual. Segundo informa a axencia EFE, o suceso tería acontecido na noite do domingo no domicilio familiar. Ó parecer o home chegou á casa bébedo e dirixiuse á habitación da súa filla, de 29 anos, que se atopaba na cama. De acordo cos datos transmitidos por EFE, o suposto agresor abalanzaríase sobre a rapaza intentando abusar dela, aínda que a moza conseguiu escapar e alertar á comisaría de Policía. Unha patrulla de axentes achegouse á casa e tras deter ó home trasladárono ata a comisaría. A moza cursou a correspondente denuncia. O presunto agresor xa compareceu ante o xulgado de Instrución número un de Vilagarcía. A xuíza decretou a súa posta en liberdade provisional e impúxolle unha orde de afastamento, co que non se poderá achegar á súa filla a unha distancia menor de douscentos metros.

    Redacción Salnés