O PP pide a dimisión da edil da Cultura pola polémica sobre o museo Valle-Inclán

A POBRA> O PP da Pobra esixe a dimisión da concelleira de Cultura pola polémica xerada en torno á retirada de fondos do museo Valle-Inclán. Consideran que puxo en risco unha das principais institucións culturais do municipio.

O Partido Popular vén de sumarse ás voces críticas que denunciaban a retirada de fondos da sala de iconografía temporánea do museo Valle-Inclán para a montaxe da exposición Marea Fotográfica.

Neste punto, denuncian que algúns dos cadros retirados, como os de Domingo Regueira, permanecen na entrada do auditorio do museo, apoiados no chan co risco de que sufran algún dano.

De non dimitir piden ó alcalde que cese á concelleira de cultura das súas funcións `por poñer en risco a principal institución cultural do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí