![]()
BOIRO > As dificultades atopadas pola empresa LyC para implantar unha área comercial en Boiro, fixeron plantexar novas posibilidade de ubicación.
Tras barallar unha primeira opción para implantarse no concello limítrofe da Pobra, perfílase como a ubicación máis viable para o centro comercial de LyC o futuro polígono de Te, en Rianxo.
Á espera dunha confirmación oficial por parte da compañía madrileña, o executivo de Boiro volveu manifestar o seu interese porque a área comercial se instale no seu municipio, proseguindo coas negociacións iniciadas durante a anterior lexislatura.
Agora, o camiño para a creación desta gran superficie na zona de Espiñeira sería moito máis doado, posto que PSOE e BNG xa contan con maioría suficiente para alevar a cabo o proxecto, que consideran do máis beneficioso para a dinamización tanto económica como social de Boiro.
Dende o executivo boirés entenden a postura de LyC que, despois das moitas trabas para implantar o seu negocio en Boiro, teñen que buscar outros emprazamentos con máis facilidades.
Responsabilidade da oposición
O edil de Urbanismo, Xoán león, responsabiliza directamente desta situación ós grupos da oposición, PP e ICBoiro, que coa súa oposición frontal están a deixar escapar un proxecto de ivtal importancia para a economía local.
Aínda así, dende o goberno tentarán retomar novamente as negociacións para conquerir unha nova área comercial para Boiro, localidade que reúne as condicións idóneas para a implantación deste negocio pola súa ubicación xeográfica na comarca.
Redacción Barbanza










