Preocupación no Barbanza ante a confirmación do primeiro caso de coronavirus

BARBANZA> Preocupación na comarca do Barbanza ante a confirmación do primeiro caso de coronavirus. Trátase dun home de cincuenta e nove anos que presenta síntomas leves. Permanece illado no seu domicilio.

A confirmación do primeiro caso de coronavirus na comarca do Barbanza agudizou a preocupación que xa viña amosando a veciñanza ante o incremento de persoas infectadas en toda Galicia.

Esta preocupación deixase notar en farmacias e supermercados onde as colas son estes días máis longas do normal. É imposible atopar mascarillas ou xeles desinfectantes.

Dende as farmacias insisten na importancia de evitar o desabastecemento destes produtos que si son de primeira necesidade para pacientes afectados doutras doenzas.

En definitiva, seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para reducir o risco de contaxio. E sobre todo, manter a calma.