A prisión os dous primeiros detidos polo alixo de 3.700 quilos de cocaína da Operación Lince

SALNÉS> Prisión para os dous primeiros detidos no marco da Operación Lince contra o narcotráfico en Arousa. Onte prestaron declaración ante o xulgado de instrución número 2 de Cambados, e trala comparecencia a maxistrada decretou o seu ingreso en prisión comunicada e sen fianza. Son un cidadán peruano e outro de orixe galega, ambos tripulantes da planadora que tras darse a fuga pola ría rematou por encallar en Cambados. Están a ser investigados por un delicto de tráfico de drogas en cantidade de notoria importancia, e é que no marco do operativo no que foron detidos incautáronse 3.700 quilos de cocaína. A día de hoxe, os axentes da Udyco da Policía Nacional e o equipo de delincuencia organizada e antidroga da Garda Civil xa detiveron sete persoas nesta operación Lince.

As pesquisas arrincaron hai varios meses para investigar unha presunta rede criminal que introducía droga pola ría de Arousa. Na intervención do sábado interceptouse un cargamento de cocaína procedente de Perú que cruzou o Atlántico nun buque nodriza. En medio do océano foi recibida por varias planadoras que se encargarían de transportarlo ata a costa.

A prisión os dous primeiros detidos polo alixo de 3.700 quilos de cocaína da Operación Lince

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí