A horticultura mantén a súa demanda a pesar da crise do coronavirus

HORSAL> O estado de alarma afecta de maneira diferente aos sectores agrícolas. Mentres os viticultores ven reducidas as súas vendas, os horticultores traballan con relativa normalidade. Dende o sector toman as medidas necesarias para protexer tanto aos traballadores como os alimentos.

Os produtos de primeira necesidade son os que menos están sufrindo os efectos do estado de alarma. Dentro do sector agrícola, os horticultores continúan mantendo as súas vendas habituais, chegando incluso a aumentalos ao inicio da corentena.

No traballo diario de Horsal xa son necesarias medidas de hixiene para protexer os alimentos. Unhas directrices que aumentaron nestes días para evitar os contaxios.

A cooperativa continua traballando co mesmo equipo, aínda que algúns do seus traballadores o fan por teletraballo.

Dende Horsal non quixeron valorar as medidas económicas das diferentes administracións. Advirten que estamos nun momento excepcional e que o importante agora é combater a crise sanitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí