Froján explica que xa se están a buscar solucións ás inundacións en Valga

    frojan_191007_-_still_001.jpgVALGA > Evitar que Valga volva a sufrir inundacións. Ese é o obxectivo que se espera acadar despois da reunión que mantivo hoxe…

    ….o delegado provincial de Medio Ambiente, Juan Francisco Froján coa deputada do PSdG PSOE, Carmen Cajide e voceira do grupo socialista no Concello, Carmen Coto Lois. Agora empeza un largo camiño ata que o problema se solucione pero parece que a vontade de buscar saídas a esta situación é común.

    Políticos, técnicos e veciños, todos eles queren buscar unha solución para o problema das inundación en Valga e máis concretamente na zona da Devesa. Neste intre se está a facer un estudo técnico que desembocará nun proxecto. Este documento se lle presentara ó Concello de Valga que deberá implicarse á hora de conseguir terreos e financiamento.

    O delegado recalcou que non se esquecen de ninguén, que os investimentos da Xunta no Concello foron moi importantes nos últimos anos e que dende a Xunta se buscarán solución aínda que recoñece que os incendios e as posteriores riadas do ano pasado abriron varios frontes. Froján non puido dar un prazo para o remate deste proxecto.

     Redacción Salnés