A edición número 44 da festa do Grove non rexistrou incidentes de importancia

    mariscogrove_191007_-_still_001.jpgO GROVE > Unha vez rematada a festa do marisco do Grove chegou o intre de facer balance. A policía local fixo unha…

    …unha análise do acontecido durante os días de celebración. Os corpos de seguridade grovense aseguran que todo transcorreu de xeito sereno. A Policia Local quixo agradecer nun comunicado ós cidadáns é os visitantes ó Grove a súa colaboración.

    Un dos datos que máis chaman a atención é que non se produciron roubos de bolsas e carteiras, ó contrario do acontecido en anos anteriores. Este acusado descenso neste tipo de incidente ben podería ser consecuencia da instalación de cámaras de vixilancia nas carpas. Neste análise merece especial atención a xornada do día 12 que foi a de máis afluencia de xente e que superou con creces as mellores expectativas. Nembargantes, este éxito deixou no concello meco algúns problemas de tráfico.

    A Policia local do Grove tamén quixo agradecer especialmente a colaboración de Protección Civil que axudou de xeito decisivo a manter o orden durante estes días. O resto dos días de festa se desenvolveron sen incidentes.

    Redacción Salnés