Boiro aposta pola innovación como base para a excelencia no Salón Náutico de París

    BOIRO> Por cuarto ano consecutivo, Boiro participa no Salón Náutico de París. Da man de Portos de Galicia, no marco dun plan estratéxico global da náutica autonómica, o concello segue estreitando lazos e afianzando novos mercados no panorama internacional.

    Son moitos os atractivos que Boiro ofrece ós seus visitantes e que estes días está a presentar no Salón Naútico de París. Gastronomía, natureza ou seguridade son só un exemplo do que máis valoran os miles de visitantes que cada ano rcalan nos seus portos.

    Ademais de consolidar a presenza da súa oferta náutica nos distintos mercados internacionais, o concello acode a este salón con novos retos entre mans. Nestes días, o alcalde xa mantivo conversas con empresas especializadas nos sistemas de robotización e monitarización enfocados á limpeza das infraestruturas portuarias.

    Outro dos esforzos da náutica boirense están centrados cara a mellora da eficiencia enerxética na busca de sistemas que permitan a autoxeración de enerxía dos portos. En definitiva, unha aposta pola aplicación das novas tecnoloxías no camiño cara a excelencia que persegue a náutica galega.