MUROS> O concello de Muros solicitará un crédito de trescentos setenta mil euros para o pago de facturas pendentes. A corporación aprobou a solicitude cos votos a favor de PP e BNG, a abstención de Compromiso por Galicia e os votos en contra do PSOE.
O goberno muradán optou por solicitar un crédito que permita facer fronte ó pago das facturas pendentes despois de que o departamento de intervención advertise de que o volume de débeda podería afectar ó principio de estabilidade. A maior parte destinarase a gasto corrente como o consumo eléctrico aínda que tamén ó pago de sentenzas e horas extraordinarias ós funcionarios.
O BNG e Compromiso por Galicia permitiron que a solicitude saíse adiante. Ante a elevada contía do crédito, o PSOE solicitou que se tivera en conta a opinión dos grupos á hora de priorizar algunhas facturas sobre outras.
A alcaldesa explicou que as facturas foron incluídas seguindo criterios técnicos establecidos polos servizos de Intervención.