Juan Fajardo arremete contra o goberno municipal e contra Tomás Fole

    fajardoquiexas-221007.jpgVILAGARCÍA > Juan Fajardo criticou tanto contra a xestión do goberno municipal nestes primeiros cen días de goberno

    …e tamén contra o popular Tomás Fole ó que cualificou de estafador. Fajardo demanda máis política social e pide que exista diálogo entre os grupos políticos da corporación. O líder de Esquerda Unida de Vilgarcía, Juan Fajardo, amosouse sumamente decepcionado coa xestión do actual goberno municipal. O político vilagarcián segura que non se levou a cabo o “xiro a esquerda” que pediron os votantes nas urnas.

    Tamén insistiu na falta dunha política social axeitada e recalcou a falta de diálogo có bipartito. Juan Fajardo asegurou que Tomás Fole é un fraude político para o conxunto de cidadáns de Vilagarcía e incluso para a totalidade da provincia. Pediu que dunha vez se perfile cal e o cargo do popular vilagarcián. Non faltou tampouco unha crítica á Deputación de Pontevedra da que asegurou que se trata dunha balsa de aceite para políticos incapacitados.

     Redacción Salnés