Un home de 77 anos morre atropelado na PO-550 en Castrelo

    atropelo_mortal_cambados100.jpgCAMBADOS> Un home de 77 anos faleceu esta mañá ó ser atropelado na estrada PO-550, á altura do lugar de Castrelo.

    {flowplayer}images/salnes/atropelo_mortal_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Un home de 77 anos faleceu esta mañá ó ser atropelado na estrada PO-550 que une Cambados co Grove, á altura do lugar de Castrelo.

    O accidente ocorreu ás dez. O falecido é Ramón G.P., un veciño de Lois, en Ribadumia. Segundo relataron as testemuñas, o home acababa de aparcar o seu coche para dirixirse a un establecemento de tractores que tiña enfronte e, nada máis cruzar, foi atropelado.

    A condutora do coche, un Opel Corsa de cor azul, é unha veciña de Dena, en Meaño, de 29 anos, que circulaba en dirección a Cambados. As testemuñas insisten en que o coche non ía a moita velocidade e todos apuntan a un despiste do peón.

    Esta estrada leva meses en obras, promovidas pola Xunta, para mellorar a seguridade viaria. Na zona do sinistro estanse a construír beirarrúas e non hai pasos de peóns, o que dificulta o tránsito tanto a peóns como a vehículos. Os veciños aseguran que son habituais os accidentes.

    Ata a zona do sinistro desprazouse a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia, pero os servizos médicos xa nada puideron facer polo home. Mañá recibirá sepultura.

    Redacción Salnés