Os veciños de San Martiño de Meis terán finalmente o seu médico

    manifestacion_meis_100-221007_-_still_002.jpgMEIS > Os veciños de San Martiño de Meis terán o médico pediron nos últimos días. Así o fixo saber esta tarde o Servizo…

    …Galego de Saúde. A noticia coñeceuse pouco despois da manifestación para denunciar á situación que afecta a máis de 1.300 veciños desta parroquia. O seu médico está de vacacións e non tiña substituto…ata agora. A súas peticións deron o seu froito. Xa existe solución para esta situación que se estaba a agravar día tras día. A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal , aseguraba, esta mañá, que a pesar de todo, a situación estaba controlada. As declaracións da Conselleira non foron do agrado dos máis e 1.300 afectados. Un se queixaban de que non todos poden viaxar ata Mosteiro para recibir atención médica e outros, os que completaron a viaxe aseguran que non recibiron a asistencia necesaria.

    “Queremos un médico”. Esta era a mensaxe que lanzaron por terceira vez nos últimos días e esta vez con resultado positivo. Pouco despois da manifestación fíxose público que os veciños contarán cun substituto para os vindeiros días 25, 26, 29 3 30 de outubro no consultorio de San Martiño.

    Redacción Salnés