Os autores dos danos en edificios públicos pobreses pagarán os arranxos

    actosvandalico_100_221007.jpgPOBRA > Indignación é o que sinten no concello da Pobra, cando despois desta fin de semana numerosos edificios públicos volveron ser víctimas de actos vandálicos. …

    … Ós desperfectos da Torre Bermúdez, hai que engadir agora os do Teatro Elma, os do centro integral de atención á discapacidade ou os do colexio Fernández Varela.

    O alcalde pobrés asegurou que se van incrementar as medidas de seguridade e adiantou que xa se fixeron as primeiras identificacións. Isaac Maceiras afirma sentirse indignado con este facer mal por facer, pois os bens públicos son de todos. Especialmente sangrante é o caso do Museo Valle-Inclán, en fase de restauración, que por onde se van acabando os traballos, vanlle facendo pintadas. E os outros edificios tampouco quedan en mellor situación. No teatro Elma hai apenas catro meses que se acabaron os arranxos e o seu estado volve ser deplorable.

    O alcalde fixo referencia tamén á nova praza do emigrante, na que se romperon sete luminarias de chan, que estaban preparadas para soportar un gran peso. Por iso, desde o concello se pide sobre todo a colaboración cidadá para axudar a que non se repitan os actos vandálicos, solicitando que se avise ás forzas de seguridade se se presencian este tipo de actos.

    Grupos e pandillas

    O edil de Seguridade Cidadá pobrés, Manuel Fontao, asegurou que os causantes dos danos son membros de grandes pandillas que actúan coordinadas.

    Primeiras identificacións

    Pola súa banda, o xefe da policía local da Pobra, Luis Gigirey, adiantou que xa se fixeron as primeiras identificacións de sospeitosos, todos menores de idade da vila, e que os culpables van pagar os danos materiais cando menos, ou os seus pais no caso de ser menores e polo de agora xa hai cuantificados máis de cinco mil euros en danos. Maceiras Rivas gabou o labor das forzas de seguridade e afirmou que se vai seguir traballando neste camiño ata coller a todos os culpables, para o que volveu solicitar a participación cidadá.

    Redacción Barbanza