A POBRA> Os Reis Magos iniciarán ben cedo o seu percorrido pola Pobra o próximo día 5 de xaneiro. A partir das dez e media percorrerán todo o municipio en vehículos descubertos. X apola tarde, desfilarán na cabalgata polo casco urbano.
Ás dez e media da mañá, as súas maxestades de Oriente partirán dende A Tomada a bordo de vehículos descubertos nos que percorrerán tódalas parroquias da Pobra. O itinerario poderá seguirse en directo polo Facebook do concello.
Xa pola tarde, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán o centro de día e a residencia da terceira idade xusto antes de subir nas carrozas para saír en cabalgata polo casco urbano.
No caso de que a chuvia impida a saída da cabalgata celebrarase a recepción real no pavillón de Venecia ás cinco e media da tarde.











