A convivencia escolar eixo das xornadas organizadas por Cruz Vermella

    xornadas_cruz_100-241007_-_still_001.jpgPONTEVEDRA > “Educar na diferenza “ é o nome das xornadas de convivencia escolar que se están a desenvolver no…

    …salón de Plenos da Deputación de Pontevedra.. Durante todo o día de hoxe expertos nesta materia abordarán temas que van dende qué facer cós fillos violentos o asesoramento no tocante a transtornos de conducta. Cruz Vermella Xuventude aposta pola convivencia escolar. Por iso, organizou coa axuda da Deputación de Pontevedra, estas xornadas que buscan sensibilizar e educar a poboación sobre como erradicar ou polo menos paliar a violencia nos centros educativos.

    Tamén se trata de aportar estratexias concretos ós docentes e pais que día tras día teñen que facer fronte a estas situacións. Estas xornadas están destinadas a docentes e educadores en xeral, profesionais relacionados coa educación, pais, nais e poboación en xeral. Cinco charlas que durante todo o día de hoxe servirán para dar resposta as preguntas e problemas que plantexan estas situacións. Dende como tratar os fillos violentos ou o achegamento os problemas da conducta adolescente entre outros.

     Redacción Salnés