Mar renovará o alumeado e reforzará o firme do porto de Muros

MUROS> A Conselleira do Mar desprazouse ata Muros para anunciar as melloras previstas no porto da localidade. Ademais da renovación do alumeado e mellora do firme en vías portuarias, a Xunta inviste 380 mil euros no acondicionamento e impermeabilización da lonxa.

Durante a súa visita a Muros, a Conselleira do Mar anunciou o investimento de 30 millóns de euros previsto polo seu departamento para renovar o alumeado nunha trintena de portos autonómicos ó longo deste ano.  Ademais de novas luminarias instalaranse equipos de telecontrol co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e as condicións de iluminación.

No caso de Muros, o proxecto do alumeado ascende a 230 mil euros ós que se suman 120 mil euros para a mellora do firme incluídos no contrato global apra a renovación de pavimentos e sinalización horizontal nas tres provincias que ascende a 1’6 millóns,.En paralelo a estas actuacións, Mar segue a traballar no proxecto de reposición da cuberta e acondicionamento interior da lonxa por importe de máis de 380 mil euros.

O porto muradán está incluído tamén no plan global de dotación de defensas e medio de amarre cun investimento de 75 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí