O parquing de A Tafona centrará os investimentos do 2011

    JUNA_MANUEL_REY copia.jpg CALDAS> O alcalde Juan Manuel Rey calcula que os orzamentos deste ano poderían roldar 5,3 millóns de euros. A contas sairán adiante co apoio do BNG.

    {flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Acadado o acordo co Bloque Nacionalista Galego para aprobar os orzamentos de 2011, o alcalde de Caldas Juan manuel Rey, asegura que as partidas máis importantes no capítulo de investimentos estarán destinadas á reforma do aparcamento de A Tafona e a obras de sanemanento nos lugares de Sar e Souto, en San Clemente, ou na parroquia de Bemil. Tamén se mellorarán parques infantís, lavadoiros ou o firme dalgunhas estradas. Sen ir máis lonxe, esta semana está previsto que comece a instalación de mobiliario urbano nas rúas Dolores Mosquera e Pedro Mateo de Sagasta.

    Polo momento trátanse de datos provisionais, pois a interventora aínda non ten pechado o orzamento, pero o rexedor caldense calcula que en termos xerais, as contas para o 2011 roldarían os 5,3 millóns de euros. A aprobación do presuposto podería producirse este mesmo mes, ben nun pleno ordinario ou en convocatoria extraordinaria.

    Juan Manuel Rey recoñece que chegar a un acordo co BNG non foi doado, posto que algúns dos investimentos que solicitaban os nacionalistas xa estaban incluídas nun plan da Deputación que aínda non se executou. Grazas ó consenso, Caldas evitará prorrogar de novo os orzamentos do 2009.

    Redacción Salnés