Solucións ós centros de Caldas

CALDAS> A Oficina Agraria de Caldas marchará do Centro Comercial da Tafona. O Concello acadou un acordo coa Xunta para trasladala ó edificio da Escola Taller da localidade. Ademais, o concello caldense e o executivo galego chegaron a outro acordo: amplia-lo instituto da vila para poñer couto á súa masificación.

Dende hai cinco anos o Concello de Caldas e a Xunta están enfrontadas polo uso que a Oficina Agraria Comercial fai do centro comercial da Tafona. O goberno local esixía que marchasen de alí, pero a Xunta resistíase. Agora, ambas administracións chegaron a un acordo que pon fin ó conflito.

No caso do instituto Aquis Celenis as negociacións foron máis sinxelas trala proposta que dende o centro educativo fixeron á Xunta.

Dende a Consellería de Educación puxeron a disposición do Concello un orzamento para que organice a cesión de terreos necesarias para a ampliación. O goberno local deu á Xunta dúas opcións e unha delas foi aceptada.

O goberno local comezará tamén as negociacións cos propietarios das parcelas para adquirilas. Espérase que a ampliación do instituto estea lista para o curso 2020/21. Nos próximos días o alcalde convocará á oposición para dar conta destes dous acordos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí