Isabel García Tejerina e Ana Pastor visitan o Salnés

VILANOVA> “O Partido Popular sempre se involucrará co campo”, así o afirmou a vicesecretaria nacional de Sectorial do PP na visita ó Pazo de Baión. Acompañada por Ana Pastor e dirixentes municipais da comarca do Salnés, Isabel García criticou ó PSOE pola súa falta de interese na PAC, no medio rural e por non defender a ENCE.

A vicesecretaria nacional de Sectorial do PP visitou o Pazo Baión acompañada por dirixentes  municipais da comarca do Salnés e de Ana Pastor. A presidenta do Congreso destacou a visita de Isabel García por ser unha referencia da defensa da agricultura e das denominacións de orixe españolas.

A vicesecretaria asegurou que os ministros do Partido Popular sempre se involucraron polo campo algo que non fai o Partido Socialista como demostra a súa falta de interese pola PAC.

Isabel García tamén criticou ós socialistas por non traballar para o medio rural a través do sector forestal e por facer políticas pesqueiras en contra dos intereses das traballadoras do mar.