Afectados polas obras da autovía do Salnés ameazan con manifestarse

    RIBADUMIA > Os veciños da Piolla, en Ribadumia, queren solucións. As obras de desdobramento da vía de alta capacidade do Salnés poderían traerlles problemas

    … Eles, xa informaron por escrito hai tres meses á delegada provincial de Política Territorial pero de momento non recibiron máis que evasivas.

    obras_autoviasalnes300_301007.jpgAfirman que están cansados de esperar. Aseguran que este proxecto traerá problemas ós veciños da Piolla, tanto de seguridade viaria como de inundacións. Os afectados recalcaron que lle mandaron un escrito á delegada provincial de Política Territorial, María Isabel Domínguez Quintás, pedindo unha xuntanza. O obxectivo: intentar buscar unha saída para esta situación. De momento os veciños da Piolla non recibiron resposta de ningún tipo.

    Os afectados recoñecen a importancia da obra pero piden que se resolvan estes problemas para evitar perigos innecesarios. Segundo indican, ‘a construcción de dúas rotondas de grande diámetro e a baixada das súas cotas van carrexar graves problemas para a seguridade viaria na zona, inundacións e enormes prexuízos, non só para os veciños de Ribadumia, senón para os usuarios da autovía en xeral, ademais de deixar inservible un tramo do paseo fluvial de grande valor paisaxístico á marxe do río Armenteira’.

    De seguir así as cousas, e de non contar coa colaboración da delegación, ós afectados polo desdobramento da vía rápida do Salnés non descartan convocar unha manifestación.

    Redacción Salnés