CCOO e UXT únense polas pensións e contra o retraso da xubilación

    ccoo_xubilacion_100_220210_copia.jpgVILAGARCÍA> Os sindicatos liderarán unha manifestación o vindeiro 2 de marzo para protestar polas medidas laborais baralladas desde o Goberno Central.

    {flowplayer}images/salnes/220210_ccoo_por_xubilacion.flv{/flowplayer}

    Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores liderarán o próximo martes dous de marzo unha manifestación en defensa das pensións e contra o retraso da xubilación ós 67 anos. Ámbolos dous sindicatos piden ós traballadores de Arousa e de toda a comarca do Salnés que se sumen á mobilización para evitar o que consideran unha medida inxustificada, pois segundo CCOO, as arcas da Seguridade Social non corren perigo, xa que rexistran un superávit de 60.000 millóns de euros. Para estas formacións, o único fin que persegue o Goberno Central con esta medida é beneficiar á banca privada e os plans de pensións que ofrecen.

    Loitan tamén para evitar que se aumente o número de anos para o cálculo das pensións, que nestes intres é de 15. CCOO e UXT manteñen que de saír adiante esta proposta, a comarca do Salnés verase especialmente prexudicada, xa que os dous sectores que sosteñen a economía: o mar e a hostalería, rexistran cotizacións xa baixas, polo que o incremento deses 15 anos dificultaría que moitos dos traballadores poidan cumprir o prazo requirido e quedar fóra do réxime xeral. Unha traba máis unida ás baixas pensións que se cobran xa na nosa comunidade.

    A manifestación sairá o próximo dous de marzo ás oito da tarde da Casa do Mar de Vilagarcía.

    Redacción Salnés