![]()
VILANOVA > Tirón de orellas o que lle deron hoxe o subdelegado do goberno en Pontevedra e o alcalde de Vilanova ós xefes …
… da Garda Civil e da Policía Local. Na Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe, a segunda neste ano, constatouse unha falta de coordinación entre ambos corpos neste Concello.
A Xunta Local de Seguridade de Vilanova celebrou hoxe a súa segunda reunión por este ano. Na primeira, celebrada en marzo acordárase reunir mensualmente á chamada mesa de coordinación policial, cousa que non sucedeu. Subdelegado e alcalde tiveron que arbitrar hoxe para que se poña de novo en marcha.
Na xunta de hoxe tamén se valorou a delincuencia local. A falta do balance definitivo do ano, crese que será lixeiramente mellor que o de 2006. Segundo indicou o subdelegado Delfín Fernández, houbo un descenso global dos delictos aínda que se rexistrou un certo aumento nas faltas.
A violencia de xénero foi outro dos asuntos abordados esta mañá en Vilanova. O subdelegado informou ó Concello que a partir de novembro, a Policía Local poderá incorporarse a un sistema informático onde controlar a tempo real este tipo de casos. Neste concello existen unhas 8 ordes de protección que serán analizadas por ambos corpos.
A Xunta Local tamén falou de seguridade viaria. En canto a Policía Local teña a relación de sancións firmes as poderá trasladar ó sistema telemático da DXT para facer efectiva a detracción de puntos do permiso de conducir.
Redacción Salnés








