“Os bombeiros deberían levalas rendas das emerxencias do Salnés”

    debate100_301007_001.jpgO SALNÉS > Bombeiros do Salnés e protección civil de Vilagarcía puxeron en evidencia os seus desencontros onte no programa “Contrastes” emitido  por esta casa.

    Tanto os representantes políticos como técnicos manifestaron as súas valoracións sobre a problemática suscitada sobre todo a raíz do incendio do edificio Dorna en Vilagarcía onde evidenciouse a falta de coordinación de ámbolos equipos.

    Un debate tenso o de onte no programa “Contrastes” emitido onte por Telesalnés no que se trataron as discrepancias xurdidas despois de que o equipo de bombeiros do Salnés denunciara as irregularidades existentes con respecto ás súas competencias confrontadas coas de protección civil

    O goberno manifestouse prudente, e pide clama ata que saia unha resolución xudicial e se aclare finalmente a polémica de quen debe asumir o mando en caso de emerxencia. O tenente alcalde de Vilagarcía, anuncia de que si maña ocorrese un sinistro similar ó do edificio dorna os bombeiros terían que asumir o mando

    Dende o consorcio de bombeiros ratifican a postura do concello e incluso aluden á modificación dos estatutos para que sexa o xefe de bombeiros, xunto coa alcaldesa quen asuman a dirección do operativo de emerxencia

    Redacción Salnés