Unha parella de burros acapara o protagonismo turístico da Toxa

    O GROVE> O turismo no Grove conta cun aliciente máis; unha parella de burros fariñeiros que campan as súas anchas nun recinto valado da Illa de…

    {flowplayer}images/salnes/burros_grove.flv{/flowplayer}

    … A Toxa. A femia chámase Emilia e o macho Pardo, e poderían estar agardando descendencia: un fillo ou filla ó que chamarán Bazán. Reciben así o nome da afamada escritora que no seu día recolleu a lenda que conta que foi un burro o responsable da descuberta dos poderes medicinais das augas e lodos deste entorno.

    A iniciativa de traer estes dous animais aquí xurdiu a raíz do Fondo de Compensación Ambiental co que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza redistribúe os cartos obtidos co canon eólico; ou o que é o mesmo, as achegas que deben abonar as empresas productoras de enerxía eólica por asentarse nos montes galegos. Cúmprese así unha das premisas básicas baixo a que foi creado este fondo de reverter a compensación por contaminación medioambiental na conservación da biodiversidade.

    O proxecto comezou ca instalación destes dous burros e continuará ca súa, agardamos que numerosa, descendencia. Estes dous equus asinus, que así se di propiamente o seu nome científico, desenvólvense pacificamente neste monte da Illa da Toxa, alleo a toda canta expectación esperta, deixándose ver por grandes e pequenos.

    Redacción Salnés