A campaña do 2021 periga para as mariscadoras de Carril trala morte de máis de 600 kg de ameixa

VILAGARCIA> Os baixos niveis de salinidade nos lombos do Ulla provocan a mortalidade de practicamente toda a ameixa. Segundo as mariscadoras de Carril, as perdas nesa zona superan os 600 quilogramos. Piden axudas á xunta para evitar perder todo ano de traballo.

Despois de levar tres meses paradas polo escaso tamaño da ameixa, as mariscadoras de Carril atópanse cun novo problema, a morte de practicamente todo o produto dos lombos do Ulla. O ano de traballo complícaselle a estas traballadoras.

Co desastre nos Lombos do Ulla, aos mariscadores só lles queda para traballar á praia da Compostela, un espazo reducido para 80 traballadores.

Dende a agrupación sinalan aos altos índices de auga doce como os culpables da mortalidade. Aseguran que a salinidade baixou dun 30 a un 7 por cento a última semana de xaneiro.

A agrupación pide á xunta que investigue os motivos polos altos índices de auga doce. Tamén reclaman axudas. Advirten que o cese pola Covid é a súa única alternativa tralas baixas cifras de facturación.

As mariscadoras tiñan previsto retomar a actividade no mes de abril. Unha volta se verá afectada polos máis de 600 quilogramos de ameixa perdida. A agrupación indica que a mellor opción sería o cese de actividade, pero que non se levará a cabo pola falta de acordos co resto da confraría para modificar o plan de explotación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí