A Pobra, Boiro e Porto do Son pasan a nivel medio de restricións

POBRA> Tal é como se agardaba, a Pobra sobe a nivel medio, como tamén o fan no Barbanza Boiro e Porto do Son. Na vila pobrense o número de casos activos a día de hoxe é de 31 a catorce días, cunha incidencia acumulada que se achega xa ós 300. Dende o Concello valoraron positivamente a medida, e o feito de que Sanidade deixe ó municipio en nivel medio.

Como medidas extraordinarias o Concello decidiu suspender tódalas actividades clturais e festivas organizadas para os próximos días, alomenos ata o próximo 26 de xullo. Estes días tamén estarán pechadas para uso público entre as doce e as seis da madrugada o parque do Castelo, a praza Alcalde Segundo Durán, os Xardíns Valle-Inclán e as praias.

O volume total de casos activos na área sanitaria Santiago-Barbanza sitúase hoxe nos 671, 94 máis ca onte. Aínda sen ser preocupante polo de agora, empeora tamén a situación nos hospitais. Hoxe son seis os pacientes ingresados por covid.

Aínda que todos eles están en planta convencional. Boiro é o municipio da zona do Barbanza que presenta hoxe peores cifras, 74, 8 máis ca onte: Ribeira ten 46, 11 máis; Porto do Son 26, 2 máis que na xornaa anterior e Rianxo 19, 2 casos máis tamén ca onte.

O resto de municipios: Muros, Outes, Noia e Lousame mantéñense polo de agora na franxa de 1-9 positivos a 14 días.