Detido un sonense con trinta e dúas doses de haxix e seis quilos de marihuana

PORTO DO SON> Está acusado dun presunto delito contra a saúde  pública e tráfico de drogas. Trátase dun veciño da localidade dun sesenta anos ó que se lle retiraron trinta e dúas doses de haxix e seis quilos de marihuana. A súa detención causou unha gran repercusión na vila. A nova da detención deste sonense, con iniciais J.M, causou unha gran repercusión na vila ó tratarse dunha persoa moi coñecida. Ó parecer segundo informaron fontes da propia Garda Civil as investigacións iniciáronse despois de ter coñecemento de que este individuo duns sesenta anos se puidera estar dedicando ó narcotráfico na zona. Nun control que lle realizaron sorprendérono portando uns dez gramos de haxix dispostos para a súa venda en monodoses, ademais dunha importante cantidade de diñeiro en metálico cuxa procedencia non puido acreditar. Nun rexistro posterior no seu domicilio, os axentes atoparon outros 32 gramos desta susbtancia, seis quilogramos de marihuana e 380 euros en efectivo, así como tamén diferentes obxectos e documentos relacionados coa venda de substancias ilícitas. Coa súa detención a Garda Civil dá por desartellado un importante punto de venda e distribución de droga no municipio.