Novos espazos dinamizaran a actividade comercial da Praza de Abastos de O Grove

    O GROVE> A directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, visitou esta mañá a Praza de Abastos de O Grove, que está en fase de acondicionamento para ofrecer espazos a baixo custe a aqueles que queiran emprender o seu negocio, e deste xeito contribuír a dinamizar o mercado da vila. Un día despois de que se puxera en marcha a nova liña de axudas 2017 para aqueles que queren comezar unha actividade empresarial a directora Xeral de Comercio e Consumo, da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, visitou a Praza de Abastos de O Grove, onde se habilitaron certos espazos, que veñen a materializar o espazo activo de emprendemento comercial. Unha obra que se realizou cun orzamento de 80.000 euros, dos cales 60.000 proviñeron dunha achega da Xunta de Galicia. Uns espazos que segundo a directora Xeral de Comercio, virán a contribuír na dinamización da praza. Unha iniciativa ca que aqueles que queiran poderán comezar a súa labor empresarial, a un custe inferior que si o fixeran fora da praza. Na súa visita a directora Xeral de Comercio, estivo acompañada polo alcalde e a edil de Comercio da vila, entre outros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/visita_comercio_praza_grove_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/visita_comercio_praza_grove.mp4{/flowplayer}