Sentencia polo despido da traballadora da piscina municipal Vilagarcía

    VILAGARCÍA > MªJesús Pérez, xa ten a sentencia distada polo xulgado do social nº 3, de Pontevedra…

    …ó seu favor, no xuízo contra o seu despido da piscina de Fontecarmoa. A ex traballadora deberá incorporarse ó seu posto de traballo nun plazo de 15 días, aínda que segue adiante, a demanda penal que interpuxo á empresa que xestiona a Piscina Municipal, por neglixencia e imprudencia.

    Foi moito o que se falou deste tema nos últimos meses, pero o certo e que dende UXT, aseguran que a persecución que viviu MªJesús, foi claramente pola súa loita en prol dos seus dereitos básicos de salubridade no traballo.

    A piscina municipal incumpría a lei de prevención de riscos laborais, polo alto grao de cloro no ambiente. Non levaron o caso a xuízo por mor das súas reivindicacións sindicais, pero José Vázquez asegura que acadarían outro nulo si o tiveran feito dese xeito.

    Segundo fallo da sentencia, declarase nulo o despido da traballadora y en consecuencia, o empresario debe readmitila nas mesmas condicións que tiña antes do despido.

    MªJesús Pérez, considérase a si mesma como unha loitadora e asegura que non se vai botar atrás coa súa demanda, pois está pagando os danos físicos derivados da súa labor na piscina. Que ten un problema nos ollos e nas fosas nasais, polo cloro que hai no ambiente da piscina,que non é unha alerxia ó cloro.

    Dende UXT afirman que agora tan só queda que o concello vilagarcián, tome conciencia do tema e que a empresa que explota a piscina municipal, acabe de instalar un sistema de medición de cloro no ambiente.

    Redacción Salnés.